O PINDO

O PINDO
O NOSO POBO

MIS ENTRADAS

http://static.99widgets.com/counters/swf/counters.swf?id=398001&ln=es" width="120" height="160" wmode="transparent">http://static.99widgets.com/counters/swf/counters.swf?id=398001&ln=es" />http://static.99widgets.com/counters/swf/counters.swf?id=398001&ln=es" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" wmode="transparent" width="120" height="160">
http://www.mpthrill.com/baccarat.html">Baccarat Game http://es.99counters.com/">contador web http://www.casinostadt.com/casino-spiele">CASINO SPIELE http://www.onlinecasinoextra.com/bwin-casino-onlinecasinoreview.html">Bwin bonus var counters99_width = 120;var counters99_height = 160;var counters99_id=384523;var counters99_vars="id=398001&ln=es";
Baccarat'>http://www.mpthrill.com/baccarat.html">Baccarat Game http://es.99counters.com/">contador web http://www.casinostadt.com/casino-spiele">CASINO SPIELE http://www.onlinecasinoextra.com/bwin-casino-onlinecasinoreview.html">Bwin bonus

COTADOR VISISTAS

ERES O VISITANTE Nº
Contador gratis

COMENTARIO DO DIA

AQUI Ponse TODO O RELACIONADO COA PESCA NO PINDO NO seu PORTO E COSTA .SEN AMIGISMOS DE NINGUNHA CLASE.

NESTE BLOG ADMITIMOS TODOS Os COMENTARIOS SEMPRE QUE NON SEXAN OFENSIVOS .Os QUE NON GARDEN ESTA REGRA SERAN BORRADOS .GRAZAS



O martes 23 de xuño de 2009, comezaron as actividades que organiza a Confraría de Pescadores do pindo


O Noso blog foi nomeado blog da semana na paxina http://www.quepasanacosta.com/

graciñas e esperamos facelo mellor cada dia ca vosa colaboracion.

jueves, 4 de junio de 2009

O PINDO MARIÑO E IV XORNADAS DE PESCA

Xa comenzaron as Xornadas de Pesca
coas súas actividades para a mocidade.
Ao longo da semana a
Confraría de Pescadores do Pindo
programou unha morea de actividades
que comezaban o pasado martes co trueiro na man
nunha xornada de pesca a pé pola ribeira do Pindo.
O mércores, a sesión volvía terra adentro para realizar unha ruta a pé
a Ruta do Fornelo











PINDO MARIÑO: Recuperación da tradición e cultura mariñeira.


A Confraría do Pindo artella as IV Xornadas de Pesca



A activa Confraría de Pescadores do Pindo, xa está en marcha cunha nova iniciativa. Coa posta en marcha do novedoso proxecto "Pindo Mariño", a confraría pretende acadar un maior recoñecimento e dignificación da profesión de mariñeiro, ao tempo que promociona as marabillas turísticas da zona. Este intento de "Recuperación da tradición e cultura mariñeira", estrearase cos/as nenos/as na ruta do Fornelo.
Así, a confraría ten artellado para os próximos días 23, 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño, as IV Xornadas de Pesca, que este ano levan por título: "A Vida en torno ao mar". Estas xornadas contarán con actividades mariñeiras para nenos, charlas sobre as profesións mariñeiras percebeiros, mergulladores, redeiras, vendedores), sobre o proxecto de turismo mariñeiro de Lira, e con música. O venres 26 de xuño estará nada menos que Bieito Romero, de Luar na Lubre.
Para o sábado 27 de xuño haberá proxeccións, charlas, cine coa Mariñeira de Quilmas, e sardiñada con queimada amenizada polo grupo de gaitas Xeitura, de Esteiro. E o domingo pecharanse as actividades con máis charlas, poesía e música. Este é o programa completo:




Proxecto FISHERNET
A creación dunha rede europea que permita conservar, divulgar e poñer en valor o patrimonio cultural das comunidades pesqueiras é o principal obxectivo do programa Fishernet, aprobado pola Unión Europea.
O programa, aprobado no mes de agosto de 2008 e cunha duración de tres anos, agrupa a comunidades pesqueiras de Galicia e doutros cinco países europeos: Islandia, Noruega, Escocia, Chipre e Bulgaria, estando representadas empresas privadas, administracións, confrarías de pescadores, armadores, ONGs, institutos de investigación e museos.
Galicia está representada polas Confrarías de Lira, O Pindo e Muros, amais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, de Cultura e Deporte e Cogami.
O proxecto nace da preocupación das comunidades pesqueiras nel representadas, pola situación de risco na que se atopa o patrimonio pesqueiro, consecuencia dos cambios estruturais, sociais e económicos que afectaron nas últimas décadas á actividade pesqueira en Europa. A rede pretende unir a comunidades que en diferentes lugares de Europa traballan na identificación, recuperación e divulgación deste patrimonio.
Para acadar os obxectivos previstos, a rede promoverá ao longo dos vindeiros tres anos, diversas actividades a desenvolver nos diversos estados que a compoñen. Organizaranse seminarios coa participación das persoas que forman parte das comunidades pesqueiras, así como reunións con expertos, co obxecto de recoller recomendacións que poidan ser de aplicación.
Fishernet elaborará un estudio sobre a situación actual do patrimonio cultural pesqueiro en toda Europa.

Definición de Patrimonio Pesqueiro
¿QUE É O PATRIMONIO PESQUEIRO?
Entendemos por patrimonio pesqueiro a totalidade das manifestacións vencelladas ás comunidades que viven e se desenvolven en torno á actividade pesqueira, porque o herdaron ou o construíron e, dun xeito ou doutro, está ligado profundamente coa súa vida ao longo do tempo. Forman parte del todas aquelas construcións, obxectos, costumes, técnicas de traballo e formas de fala, así como os elementos naturais que sustentan á comunidade.
Todo isto constitúe un conxunto de bens e valores que lle dan a cada comunidade pesqueira unha personalidade e imaxinario colectivo singular que fai que dentro do entorno teñan unha identidade propia, que as diferenza das demais.
Dentro do patrimonio cultural pesqueiro podemos atopar tres categorías claramente diferenciadas:
Patrimonio Pesqueiro Inmoble
O Patrimonio Pesqueiro Inmoble está constituído por todos aqueles lugares, infraestruturas, edificacións, obras de enxeñería, centros industriais, conxuntos arquitectónicos, zonas e monumentos de interese ou valor relevante dende o punto de vista arquitectónico, arqueolóxico, histórico, artístico, social ou científico, recoñecidos e rexistrados como tales, que non poden ser trasladados dun lugar a outro, como son por exemplo: os faros, as fábricas de salga, os museos, as casetas de pescadores, os espazos de sociabilidade, entre outros. Do mesmo xeito, tamén o son aqueles elementos naturais con valor e identidade propios dende o punto de vista da actividade pesqueira, entre eles, ancoradoiros, aguillóns, baixos, ollados e carreiros.
Patrimonio Pesqueiro Moble
O Patrimonio Pesqueiro Moble comprende os distintos tipos de embarcacións, aparellos, ferramentas e utensilios, directa e indirectamente relacionados coa pesca, como son as artes de pesca e marisqueo, os obxectos arqueolóxicos, históricos, artísticos, tecnolóxicos, relixiosos, artesanais, folclóricos ou etnográficos. Entre eles cabe mencionar as obras de arte, bibliográficas, cartográficas e demais documentos de interese, así como os aparellos de navegación, artefactos históricos e material audiovisual.
Patrimonio Pesqueiro Inmaterial
Enténdese por Patrimonio Pesqueiro Inmaterial as prácticas, representacións, expresións, coñecementos e técnicas que dan ás comunidades pesqueiras e aos individuos que as forman un sentimento de identidade e continuidade, transmitíndose de pais a fillos e que en boa mediada constitúen a súa memoria colectiva. Este patrimonio é recreado constantemente en función do entorno, a interacción coa natureza e a historia, promovendo o respecto pola diversidade cultural e a creatividade humana. Inclúe as formas de organización social e do traballo, costumes, lingua, nomenclatura, toponimia, tradicións orais, música, bailes, ritos, festas, medicina tradicional, artes culinarias e todas as habilidades especiais relacionadas cos aspectos materiais da cultura e a interpretación do medio natural; así como toda creación cultural anónima ou de autor, que teña como referencia principal o mundo da pesca.
Poxecto "Posta en valor do patrimonio pesqueiro na
Costa da Morte"
Posta en valor do patrimonio pesqueiro na Costa da Morte
Este proxecto lévase a cabo pola Asociación de Confrarías " O mar da fin da terra". A asociación está constituída polas confrarías de Muros, Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe.
Naceu a principios do ano 2006 e a posta en marcha deste proxecto foi no ano 2007
Os principais obxectivos da Asociación " O mar da fin da terra" son a dinamización e revitalización económica e social do sector pesqueiro e das comunidades pesqueiras, promoción e recoñecemento social da profesión de pescador, fomento das actividades turísticas vencelladas ó mar, revalorización dos productos pesqueiros, fomentar a protección e mellora do medio ambiente e dos recursos naturais, etc...
En relación a estes obxectivos o proxecto pretende crear unha imaxe marca dos productos turísticos que algunhas das confrarías como a de Lira viña desenvolvendo de xeito individual e tratar de coordinarse para poñer en marcha un proxecto global, así como consolidar os proxectos de promoción sociocultural xa existentes e apoiar novas iniciativas neste ambito

Proxecto SEREA
É un proxecto cofinanciado polo Fondo social europeo. É unha medida innovadora no ámbito da xestión da reestructuración enfocada ó sector pesqueiro de baixura e o marisqueo.
O obxectivo principal é impulsar un modelo de reestructuración socieconómica e laboral no sector pesqueiro de baixura.

No hay comentarios: